CASTELO DOS CONDES DE RIBADAVIA

DESCRICIÓN

Sen dúbida a fortaleza dos Condes de Ribadavia xogou un papel decisivo en a  historia de Galicia pois foi unha das maiores fortalezas medievais.

A pesar de que a súa orixe data do século IX, a maior parte do castelo foi construído na segunda metade do século XV ao instituirse o Condado de Ribadavia.

No interior pódense ver importantes restos labrados na pedra que datan do século IX, e un sepulcro do s. XII, testemuñas do cemiterio que estaba ligado á antiga igrexa de San Xés alí situada.

Coa última restauración levada a cabo, o castelo abriu novos espazos entón ocultos que ensinan a organización interna, os diferentes niveis de construción para defensa e goce que a fortaleza posuía, destacando os restos da antiga torre de San Xés, o depósito de auga ou estanque, as adegas e restos da horta e xardín.

Máis información

ribadavia.es

Galería de fotos