CHOZOS DO SUÍDO

DESCRICIÓN

O chozo é unha construción en pedra de neis que daba acubillo aos pastores da Serra do Suido, cando se turnaban diariamente para coidar o gando ao longo do ano.

Hoxe en día estes símbolos dunha arquitectura, permite coñecer como era a vida en épocas pasadas nesta zona. Aínda que non existen datos arqueolóxicos fiables ou documentos escritos que precisen a súa construción, segundo a tradición oral xa eran lembrados como moi antigüosen o século pasado.

Dado o seu estilo arquitectónico podería sinalarse a súa orixe nos séculos de difusión do románico (séculos XII e XIII). O interior é unha peza única, dunhas dimensións ao redor dos 20 metros cadrados, construídos en neis.

Ao redor dos chozos establecíanse os ?cortellos?, cada familia tiña o seu e estaban destinados a acubillar os tenreiros , na actualidade a maioría están derruídos. Preto dos chozos había tamén un curro non moi grande, feito de cachotería, laxas e grandes bloqueos pétreos.Pechando todo o conxunto situábanse laxas verticais que delimitaban a zona de pastoreo de cada chozo.

Podemos dicir por tanto que o conxunto era unha unidade de explotación gandeira de montaña. Os chozos atópanse ao redor da cota dos 900 metros de altitude, na saia nacente, protexidos dos ventos e aproveitando en ocasións a inclinación das ladeiras da montaña. Integrándose totalmente os tellados coas pendentes do terreo.

Más información

concellodeavion.org

Galería de Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate