O xeodestino O Ribeiro – O Carballiño esténdese por unha vintena de concellos conformando un territorio singular na Galicia interior.
As vilas de Ribadavia, co seu centro histórico presidido polo Castelo dos Sarmiento e o seu barrio xudeu, e O Carballiño, vila termal xurdida á beira do Arenteiro e orgullosa do seu templo da Veracruz, actúan como centros comarcais. Ao seu redor, distribúense terras de val e de montaña; de viño e de cereal. Coñeza desde aquí o que lle ofrece cada un dos concellos


