CAPELA DE SAN ROQUE

No interior venérase a figura de San Roque, que segundo o estudo presentado pola asociación Castela Auriense, a figura representada, como neste caso, coa cuncha de peregrino, marca A RUTA A SANTIAGO POR TERRAS DO Ribeiro. E é que capelas erixidas na honra do santo canonizado no século XVI pódense atopar en moitas zonas de Galicia, pero non todas as imaxes de San Roque aparecen representadas coa típica cuncha de “peregrino xacobeo” na súa capa. É o caso das localizadas en Ponche Barxas, na fronteira con Portugal, e nas localidades ourensás de Padrenda, esta de Beade, Berán, Lebosende e Pazos de Arenteiro, o catro últimas en terras do Ribeiro. Así, os investigadores do colectivo sosteñen que O camiño seguramente viña de Coimbra e seguía pola beira do Miño ata chegar a Castrelo e Ribadavia, e continuaba despois polas zonas de San Cristovo, Beade, Berán e Lebosende.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate