FESTA DO PULPO

DESCRICIÓN

Cada ano, o segundo domingo de agosto, a vila do Carballiño énchese de miles de comensais dispostos a saborear os máis de 50.000 quilos de polbo á feira que se serven no parque municipal da localidade. O ambiente de festa complétase con música, baile e bandas de gaiteiros.

Pero antes da xornada grande, durante a semana previa un bo número actividades quentan motores para o día central da Festa do Polbo. A que xa se coñece como a romaría máis importante de Galicia

Máis información

http://www.carballino.gal/es/fiesta-del-pulpo/

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate