IGREXA SAN XOÁN DE BARRÁN

É unha igrexa de nave única, sendo salientable a súa fachada de porta adintelada con pináculos aos lados sostida por pilastras. Sobre a porta, un gran óculo chea de luz o interior. A fachada está terminada por unha espadana dobre con balaustrada.
A interior conta cun retábulo barroco de tres cales separadas por columnas salomónicas de decoración vexetal no cal destacan as imaxes de S. Roque, S. Antonio e S. Francisco, contando tamén divesos obxectos de prata: un cáliz, unha custodia e un incensario, todos do século XVIII, unha cruz parroquial barroca e un copón do século XIX. A data da que se ten referencia da súa construción é do ano 1226.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate