IGREXA SANTA MARIÑA DE ABELENDA

A igrexa foi construída no século XII, posiblemente por unha orde templaria. A igrexa é de orixe románico pero reformado, conseguindo unha mestura do románico, e tamén co barroco. No interior da igrexa, atópase un sepulcro antropoide. O exterior é dunha soa nave con porta lateral, con decoracións románicas que aínda se conserva, a pesar das reformas. Tamén, a cruz da igrexa está en bo estado.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate