Ruta con inicio e final na vila termal de Arnoia, a ruta pódese combinar cun tratamento ou momento de descanso no spa. A natureza e a auga compoñen esta ruta na que os ríos Arnoia e Miño son os protagonistas.
A distancia total da ruta é de aproximadamente 15 quilómetros. Con tres variantes posibles que orixinan 3 experiencias diferentes. Ademais, pódese vincular á Ruta das Montañas, multiplicando as opcións para gozar deste territorio.
Interese Termal
O roteiro iníciase na Vila Termal de Arnoia, onde, antes ou tras o roteiro, se pode gozar dun momento de descanso ou dalgún tratamento no balneario.
Interese Natural e Paisaxístico
Vexetación autóctona da zona conforman a paisaxe desta ruta, na que se poderá tamén desfrutar da paisaxe que os ríos Miño e Arnoia ofrece ao visitante.
Vila Termal de Arnoia (inicio e fin)
Saída da Vila Termal – Caos – Área Recreativa de Poldrás – Lapela – Remuiño – Ponte – Rial Peneda – Carnós – S. Roque – Outeiro Cruz – Poldras – Vila Termal do Caos
Variantes:
1. Desvío no Caos: Por Laxa – Quinteiros – Paixón – Sendín – San Amaro – Reza – Vila TermaI.
Distancia: 4 km.
Dificultade: baixa.
2. Desvío en Ponte: Vía S. Roque – Outeiro-Cruz – Paixón e regreso a Vila Termal por Reza.
Distancia: 8,6 km.
Dificultade: Moderada.
3. Desvío en Cancillón: Vía Camós – S. Roque – Outeiro-Cruz – Poldrás – Vila Termal.
Distancia: 10 km.
Dificultade: Moderada.