CONCELLO DE

A ARNOIA

Contacto
  • Rúa Outeiro Cruz, 14, 32417 A Arnoia, Ourense

Vila Termal, co seu balneario aberto ás augas do Miño. Tanto as augas dos ríos como as ribeiras e os montes propician o desenvolvemento de actividades recreativas e deportivas, de grande interese na actualidade. Deportes náuticos: as augas da Pena son apropiadas para a práctica do rafting, e o piragüismo. Na mesma Pena e nas áreas recreativas de Inquiau e Poldras hai zonas adecuadas para o baño de escaso perigo.

Contando cos elementos naturais e aproveitando o patrimonio cultural foron deseñadas rutas de sendeirismo, debidamente sinalizadas e con folletos orientativos, con varias distancias e dificultades, recollidas en publicacións especializadas, e que concitan a visita de moitos afeccionados. Algúns tramos son comúns e outras rutas están habilitadas para bicicletas de montaña.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate