Seguindo río abaixo atopamos Silvaescura que lle parece a don Ramón semellante en nome e beleza á Schwarzswald alemá. Máis abaixo o Inquiau, onde se constrúe unha área recreativa no medio do río que se parte en pequenos brazos, recuperando os 10 muíños, en referencia ás súas pedras.