CONCELLO DE BEARIZ

Contacto
  • Rúa San Pedro, 2, 32520 Beariz

O concello de Beariz está nunha zona que conta con importantes atractivos turísticos grazas ás súas características naturais e culturais e as accións de conservación e difusión que veñen sendo realizadas.

A rede de carreiros contribúe a que os visitantes poidan coñecer os espazos naturais e riqueza histórica e etnográfica do concello mediante un turismo activo e respectuoso co medio. Preténdese aproveitar todo o potencial destes importantes recursos achegando novas ferramentas tecnolóxicas e canles de comunicación que favorezan a actividade turística, comercial e o desenvolvemento integral do concello de Beariz.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate