CONCELLO DE BEADE

Contacto
  • Rúa Caudillo, s/n, 32431 Beade

Beade, no corazón do Ribeiro, presume de contar cunhas excelentes ladeiras para o cultivo da vide, e iso tradúcese en bos viños e características paisaxes. Cara ao oeste, son terras relativamente altas, que van descendéndose e facéndose máis suaves segundo achegámonos ao val do Avia. A riqueza creada polo viño déixanos un importante patrimonio arquitectónico.

Entre os episodios históricos, destaca a presenza, desde tempos medievais, dunha encomenda da Orde de San Juan de Jersusalén, que chegou a alcanzar gran importancia en Galicia.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate