CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA

Contacto
  • Rúa Castelao 4, 32412 Carballeda de Avia

  • info@carballedadeavia.es

A Comarca do Ribeiro atópase entre as serras de Faro e Suido, onde conflúen os vales do Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Defínese entre unha serie de vales e superficies que contrastan coas altas terras circundantes de ao redor de 312 km², dos cales dedica 3000 hectáreas ao viñedo.

Rodeado de relevos montañosos e resgardado da influencia oceánica, o cultivo da vide é a característica dominante da paisaxe, ocupando case a totalidade das ladeiras e hondonadas nos terreos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Cenlle, Beade, Leiro e Carballeda, así como as pendentes mellor orientadas e asolladas dos municipios limítrofes.

Terra regada por unha densa rede fluvial, cun microclima seco e cálido, pero cunha humidade durante o período invernal.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate