CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

Contacto
  • Avda. do Concello, 18 – 32430 Castrelo de Miño (Ourense)

Castrelo de Miño acolle o parque náutico de referencia no interior de Galicia. Esta é quizais o principal cartón de presentación do municipio. O seu encoro é lugar de encontro para afeccionados aos deportes náuticos, mesmo en categorías profesionais. Pero hai máis. Situado na marxe esquerda do Miño, é un territorio rodeado de montañas. As ladeiras estás tomadas polos viñedos, que dominan a paisaxe. Recunchos de gran beleza natural salpicados de aldeas e de pegadas do noso pasado. Un pasado ligado ao cultivo do viño e á presenza da Orde de San Xoan de Xerusalén.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate