FERVENZA DA FEIXA

O regato da Cortella é un afluente do río Cerves que baixa da serra do Faro de Avión, salvando un desnivel de máis de 100 metros nun estreito canón rochoso. O río descende dando lugar a sucesivos saltos e pozas, algúns de máis de 15 metros de altura.

Para velas seguimos a estrada N-120 que vai de Melón a Ourense e, xusto ao pasar a ponte da autovía A-52, atopamos unha pequena pista asfaltada que sobe ao monte por unha pendente moi pronunciada. A pista ten 400 m e termina en Cima de Vila, onde deixaremos o coche para atravesar a aldea a pé até chegar a unha bifurcación na que seguiremos o carreiro da esquerda que vai cara ao río. Despois duns 500 m, poderemos ver as fervenzas enfronte de nós pero na distancia.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate