DESCRICIÓN
A Festa do Pemento orixínase ao axuntar a festividade do Patrón da parroquia de San Salvador e un acontecemento gastronómico que se desenvolve en torno ao pemento de Arnoia e o seu cultivo.
Consta a celebración de actos relixiosos, degustación de pementos de Arnoia regados con bos ribeiros, verbenas populares, así como actos oficiais e protocolarios, xunto con acontecementos culturais e deportivos. Transcorren os actos festivos nunha carballeira, A Queixeira, acondicionada para ese efecto e dotada de mesas, bares, casetas de exposición de produtos e todo tipo de servizos, así como unha extensa zona de aparcadoiro.
A Festa do Pemento celébrase todos os anos, o primeiro domingo de Agosto, empezando os festexos a noite do xoves anterior, cunha festa para os veciños, que durante os días grandes pon todo o seu agarimo na atención aos visitantes.
As razóns, a referida festa patronal, non coincide con outras festas gastronómicas, é época de vacacións e regreso de emigrantes, e o máis importante, os pementos de Arnoia atópanse no seu óptimo sabor.
Máis información
http://arnoia.es/es/turismo/patrimonio/fiestas/festa-do-pemento/