IGREXA DE SAN BREIXO DE BERÁN

Está adicada a San Verísimo, destaca sobre todo a súa fachada con estípites e columnas panzudas pareadas aos lados da moldura da porta de entrada; na segunda altura dispóñense pilastras de placas e estípites de novo. Presenta, ademais, o escudo dos Sarmiento na parte alta da fachada.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate