IGREXA DO PORTAL

No lugar onde hoxe se levanta esta capela houbo unha hermita baixo a advocación de Santa María de Valparaíso, con todo desde o século XVII coñécese co nome de Igrexa ou capela da Virxe do Portal. A advocación a esta virxe, patroa de Ribadavia e do Ribeiro, foi fomentada polos monxes dominicos, cuxo convento se sitúa preto deste fermoso santuario. O templo foi contruido en tres etapas claramente diferenciadas, que van desde o século XVII ao XIX. Nas sucesivas ampliacións traballaron importantes mestres como Diego de Guemez ou Juan Martínez Pita. No exterior, destaca a sobria fachada neoclásica feita en 1875, mientra que no interior sobresae a bóveda ou retablo barroco feito en madeira de ciprés no ano 1737, e que garda no seu corpo central unha excelente imaxe da Virxe do Portal, a quen se Frontal Capela do Portal Vista Traseira Capela do Portal de Ribadavia Vista Capela Portal desde abaixo Vista traseira Capela do Portal de Ribadavia Vista Lateral Capela Portal de Ribadavia Lateral traseira Capela Portal de Ribadavia venera con fervor todos os anos nunha romaría que se fai o 8 de setembro á que acoden multitude de fieis. Durante unha semana, coincidente con esta data celébranse as festas patronais. Nelas paséase á virxe por Ribadavia, sendo un dos actos relixiosos máis importante.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate