IGREXA SAN XULIÁN DE ASTURESES

Igrexa do románico de transición coa influencia do gótico nos arcos ca envolven. Planta rectangular de unha soa nave e ábsida semicircular. Na fachada ten unha portada de triplo arquivolta con tres pares de columnas de capiteis con motivos vexetais e  pombas afrontadas.
A porta enmarcada entre dous contrafortes unidos por un quita chuvias na parte superior apoiado en 5 canecillos. Porta norte alta e estreita con tímpano sobre mochetas lisas. Na ábsida gran profusión decorativa, tanto nas 3 ventás como nos canecillos con formas de monstros e animais con libros e instrumentos musicais.
Foi declarada Monumento por Decreto o 29 de Marzo de 1946. (BOE do 10/04/46).

Celebran o 24 de agosto a San Bartolomeu.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate