IGREXA SAN SALVADOR DE ARNOIA

Antigo priorado de Celanova. Igrexa parroquial do s.XVII (fundada no ano 1612) e que se construíu sobre unha máis antiga de estilo románico,estilo que apreciamos unicamente nunha pequena xanela situada sobre a porta da fachada principal e sobre a que se sitúa a imaxe de San Salvador.No interior dúas pedras de armas, unha delas dun familiar da Inquisición.Retablo de construción popular,obra dun carpinteiro local.Posteriormente a igrexa sufriría modificacións consecuencia de arranxos continuos por iso é polo que conxugue estilos indeterminados. Recentemente restaurada.

Fotos

Gallery Notice : Images have either not been selected or couldn't be found

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate