IGREXA DE SANTA MARÍA DE AMOEIRO

Trátase dunha igrexa de estilo románico do S. XII que sufriu importantes reformas nos séculos XVIII e XIX. Consta de tres corpos ben diferenciados, sendo o primeiro deles o correspondente á igrexa primitiva, de planta rectangular e dividida en tres tramos por  contrafortes ao exterior. No S. XVIII ou XIX a esta nave engadíuselle o espazo correspondente ao presbiterio, un corpo de grande volume e planta cadrada.

Asemade foille incorporada unha pequena sancristía polo lado setentrional, a carón do presbiterio. A súa fachada foi completamente reformada, mantendo tan só algunhas pezas orixinais da primitiva fachada.

Á esquerda da portada, integrada no seu muro, consérvase unha inscrición orixinaria da construción desta nave perfectamente lexible cuxa transcrición e tradución son as seguintes:“Era M CC predic K(a)l(endas) f(ebruarii) J(o)h(an)nes presbiter fecit dedicacione(m) eccl…(¿ecclclesiac hujus?).”Era milésima quocentésima (ano 1162 da era hispánica), o día antes das kalendas de febreiro (o sexa, el 31 de xaneiro); Xoán presbítero, fixo a dedicación desta igrexa.”

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate