IGREXA DE SANTIAGO

É unha manifestación do románico popular galego de transición ao gótico. Inicialmente estivo na marxe esquerda da poboación ribadaviense.
É a primeira porroquia e igrexa que existiu en Ribadavia, polo que até a súa supresión titulábase ?Matriz da Vila?, é dicir nai, pola súa antigüidade de todas as demais. Data do século XII. De planta rectangular cunha soa nave cuberta de teitume de madeira, a fachada está dividida en tres corpos.
A portada contén un arco de medio punto con tres arquivoltas que se sosteñen por tres pares de columnas de capiteis con motivos vexetais.
Á dereita desta fachada está situada a torre de campás. No seu interior pódense contemplar entre outros un Santiago de Pedra do s. XIV, pertencente á escola do Mestre Mateo.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate