Conxunto formado pola igrexa, o atrio e a parte tradicional do cemiterio, así como o muro tradicional de pedra que os circunda.
A igrexa sitúase no lugar da Eira, na parte baixa dunha ladeira con abundantes árbores e con terreos circundantes dedicados ao cultivo da vide. Ten orixe románico (século XIII) e conserva os canzorros nos muros exteriores.
A edificación primitiva sufriu desafortunadas intervencións posteriores. Conta cunha soa nave con planta rectangular e muros de sillería, co presbiterio máis baixo que a nave; tanto a cuberta da nave como a do presbiterio son de tella a dúas augas. No alzado principal presenta unha porta de madeira centrada con arco de grandes dovelas apuntado e unha pequena hornacina con imaxe na parte superior. No alto, a espad