CONCELLO DE LEIRO

Contacto
  • Rúa Gabino Bugallal, 39, 32420 Leiro

  • info@concellodeleiro.com

O municipio de Leiro constituíuse o 15 de maio de 1836 a expensas da xurisdición de San Clodio, o gran mosteiro que é hoxe visita indispensable. Leiro está a beiras do río Avia, río que o cruza,e situado no centro da comarca do Ribeiro, a medio camiño entre as localidades de Ribadavia e O Carballiño. A súa superficie é de 38,3 km2 e constitúeno por nove parroquias: Berán, Gomariz, Lamas, Lebosende, Leiro, Orega, San Clodio, Serantes e Vieite.

O principal cultivo da zona (e tamén da comarca) é o viñedo, que sobe polas ladeiras nas chamadas terrazas, típicas da zona. Foi aquí en Leiro, onde se fundou en 1952 a 1ª Cooperativa de Viño, que, anos máis tarde, sería absorbida pola existente no Ribeiro. Leiro ten unha coidada morfoloxía de pequeno pobo, co trazado de rúas que parten dunha pequena praza bordeada de casas de pedra. É un escenario de gran riqueza natural onde se pode gozar das fermosas paisaxes que ofrece o val desde as beiras do Avia, pasando polos cerros, até chegar á montaña de Pena Corneira.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate