MONUMENTO ÁS PULPEIRAS

Este conxunto escultórico en homenaxe ás pulpeiras, obra da mestra canteira Laura Rodríguez Miranda fundida no taller de Cuqui Piñeiro, instalouse en marzo de 2019 no jardincillo central da Praza Maior da localidade ourensá de Carballino. Consta de varias pezas: unha pulpeira a tamaño natural en bronce suxeitando nunha man un gancho cun polbo cocido, un caldeiro de cobre co escudo de Carballino no seu parte central, e unha táboa de ferro sobre a que se atopan un prato e unhas tesoiras de bronce.

A autora declarou que tentou reflectir unha image o máis natural posible dunha pulpeira, con todos os elementos que caracterizan a este oficio artesanal tan representativo da vila. Rodríguez tamén sinalou que era polo momento o único monumento do mundo dedicado a unha pulpeira.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate