Debido ao esplendor da vila na Idade Media, a principio do século XII foi preciso construír unha muralla defensiva, que se ampliou en séculos posteriores. No ano 1832 comezou a súa demolición que nunca se chego a completar.
A muralla conserva 3 das súas 5 portas, a Porta da Preto (porta de entrada ao castelo), a Porta Nova (camiño ao río) e Porta Falsa (con camiño ao muíño). Data aproximadamente segundo estudos do ano 1202, aínda que outros historiadores comparten a idea do século XII.
En 1832, decidiuse a súa demolición, aínda que debido ás dificultades económicas daquel momento paráronse as obras e impediuse que fosen derruidas na súa totalidade. O muro alcanza, nalgúns puntos, os 5,50m de altura.