MUSEO ETNOGRÁFICO DE VILAMARÍN

Como consecuencia do envellecemento e da consecuente perda de poboación, así como do abandono das actividades rurais, tanto agrícolas como non agrícolas, como canteiros, ferreiros, oleiros, curtidores, tecedores, etc., as formas de vida tradicionais que representan os sinais de identidade da cultura da nosa comarca están ameazados polo esquecemento.

Para rescatalos do seu triste destino, conservalos e estudalos para legar estes coñecementos ás xeracións vindeiras, o Concello creou o Museo Etnográfico. De feito, a túa visita permitirache viaxar no tempo.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate