Contacto
Contacto
A capital do Arenteiro garda no seu núcleo urbano unha auténtica xoia, o Templo da Veracruz, obra do arquitecto Palacios, figura que deixou a súa singular pegada en notables construcións en Galicia e España. Punto obrigado, pois, dunha visita que non ha de levar por máis recunchos na cidade e na contorna. Vila termal, conta cun histórico balneario e con espazos moi coidados na ribeira do Arenteiro, para uns bos e relaxante paseos.
Falar do Carballiño é, por suposto, falar do polbo. E é que esta vila é recoñecida polo seu especial acerto á hora de preparar unha receita tan estendida por Galicia como é o polbo “á feira”, ao que dedica a súa principal festa gastronómica.