PAZO DE CORNOCES

Propiedade privada non visitable. Trátase dun pazo encravado nos “chaos” de Amoeiro e polo tanto en terra chá, rica en cultivos, principalmente millo, centeo e trigo, con extensos pasteiros de monte

O Pazo de Cornoces foi coñecido como Pousa de Cornoces ou Pousa dos Viandantes, pola súa proximidade á vía romana. A súa denominación cambiou pola actual de Pazo Santa Catalina de Cornoces en 1882, que foi cando se advocou a esta figura relixiosa por parte da súa última propietara -Dna. Ramona Villar Taboada-, coincidindo coa creación do “Asilo-Colegio” de Cornoces.

As “Hermanas de la Caridad de san Vicente de Paúl” usárono para impartiron clase a nenas e nenos de Cornoces, e foi nos anos 70 do sédulo pasado “laboratorio” no que se tentou integrar socialmente a delincuentes xuveniles provintes de diversas partes de España. Finalmente, o Bispo de Ourense, Monseñor Temiño, vendeu o pazo -xunto ó resto de capitais mobiliarios e inmobialiarios de Dna. Ramona (así como contas bancarias)- ó representante de Cáritas (Benigno Moure) pola cantidade de 100 pesetas.

Hoxe en día é utilizado por unha Fundación para atender a persoas en situación de dependencia causada por discapacitacións psíquicas.

 
 
 

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate