PONTE LONGAL DE PONTE VEIGA

Unha das pontes máis antigas que o cruza é a Ponte Longal de Ponte Veiga. Para chegar a ela pódese comezar o camiño desde a ampliación do Parque Municipal do Carballiño. É cousa de seguir río arriba até o edificio A Labandeira, que foi no seu día unha importante fábrica de papel, e continuar camiñando polo carreiro fluvial durante algo máis dun quilómetro até chegar a unha zona de recreo que chaman A Toscaña. Alí pódese parar, non porque o camiño fatigue, senón porque a contorna é tan agradable que apetece gozalo tranquilamente. Despois de botar un grolo de auga, os pés levarannos outro quilómetro longo até o punto destino. Ao chegar a imaxe non defrauda. É unha ponte de pedra dos que chaman romano. Probablemente construído entre os séculos XII e XIV. Está aberto nun só ollo e a Natureza e o tempo encargáronse de adornalo con brión, toxo e xesta. O son da auga do Arenteiro correndo baixo a pedra espértanos o apetito. Agora si, chegou o momento de tomarse un respiro e descansar.

Fotos

Gallery Notice : Images have either not been selected or couldn't be found

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate