Ponte medieval sobre o río Arenteiro no antigo camiño A Pazos de Arenteiro. Presenta un robusto machón no que estriban os dous arcos, sobre a clave da arcada maior apreciase a cruz do Santo Sepulcro e o releve dun Santo. Obsérvanse abundantes marcas de cantería. Nel gravouse unha secuencia da película “A Esmorga” de Ignacio Vilar, baseada na obra do escrito galego Eduardo Blanco Amor.