PONTE VELLA DE BRUÉS

Localízase sobre o río Viñao o seu paso pola parroquia de Brués, nun antigo camiño real que leva de Ourense cara a Pontevedra. Ponte de sillería medieval con arcos oxivais, varanda e desaugadoiro alintelado e dous vanos.
Marcas de canteiro nos seus sillares, pavimento de lousas e pedras de río. O seu carón ten un pequeno cipo co escudo da familia dos Ulloa e as letras “MT” o que está a indicar o viaxeiro que entra en terras do Conde de Monterrei.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate