Contacto
O Concello de Pontedeva conta con paisaxes excepcionais que merece a pena visitar, xa que dependendo da época do ano, o val vístese de diferentes tonalidades que van desde marróns intensos até verdes máis cálidos. Tamén estamos inmersos nun val que é atravesado polo río Deva, famoso polas súas augas cristalinas e as súas ricas troitas. Isto unido á abundancia arroios fan do pobo un verdadeiro remanso de paz. Un vello cárcere, varias pontes históricas e o rico patrimonio etnográfico balizan esta paisaxe de constantes puntos de atención para o visitante.