PRAZA MAIOR DE RIBADAVIA

Tivo cambios frecuentes de denominación. Desde os seus inicios era a Praza Nova ou a Praza da Feira, durante o Sexenio Democrático (1868-1874) e a Segunda República (1931-1936) levou o nome de Praza da Constitución e no franquismo Praza do Generalísimo Franco. Houbo unha proposta no ano 1933 de chamala Praza de Joaquín Rei Pardo (Xeral de Artillaría falecido ese mesmo ano) pero foi desestimada pola maioría republicana da corporación municipal.

Nela atópase a Casa do Concello, Casa Consistorial e Torre do Campanario, Pazo dous Condes de Ribadavia e a primeira estación de telégrafos de Ribadavia.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate