PONTE MEDIEVAL DE SAN FIZ

O municipio de Maside conta cun gran patrimonio civil e relixioso ao longo de todo o seu territorio. Dentro do patrimonio civil podemos destacar a ponte medieval de San Fiz, situado en San Miguel de Armeses, cruza o río Barbantiño e era no antigo camiño real que unía Ourense con Santiago de Compostela. Ten dous arcos apuntados de distinto tamaño e foi restaurado en tempos de Fernando II. No lado de Maside consérvase un tramo de 300 metros de calzada romana.

Fotos

Gallery Notice : Images have either not been selected or couldn't be found

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate