CONCELLO DE

RIBADAVIA

Contacto
  • Praza Maior, 4, 32400 Ribadavia

Ribadavia, núcleo comercial e capital da Comarca do Ribeiro, sitúase a camiño entre Ourense e Vigo, na confluencia dos ríos Avia e Miño. Famosa desde sempre polo viño, o burgo medieval foi declarado conxunto monumental histórico artístico en 1947. Aínda que se atoparon restos da presenza romana nas inmediacións da vila, esta empeza a ser coñecida no século XI como núcleo estratéxico e vinícola, recibindo no ano 1164 o foro real de Fernando II. Precisamente foi a partir do s. XII cando empezou a expansión económica e demográfica de Ribadavia e a súa comarca, potenciada pola influencia e o poder dos mosteiros de San Clodio, Oseira e Melón, e relacionada co cultivo e o comercio do viño do Ribeiro, que alcanzará gran fama durante séculos en toda Europa, vivindo o seu máximo apoxeo entre os séculos XV e XVII.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate