RIBEIRO BLUES WINE FESTIVAL

DESCRICIÓN

Natureza, música e viño danse a man neste evento que trae a Castrelo o mellor do blues internacional. O festival consolídase ano tras ano como un dos mellores festivais de blues de Galicia e supón un elemento moi importante para promocionar a primeira actividade da comarca, potenciando esa maridaxe entre viticultura e cultura musical e contribuíndo a difundir a calidade dos nosos viños e a promocionar todo O Ribeiro.

O eventose desenvolve no Parque Náutico de Castrelo de Miño e abarca concertos gratuítos, degustación de viños e viaxe en catamarán polo río Miño.

Máis información
O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate