RUTA DE MORERAS (TOÉN)

  • Inicio: Moreiras

  • Fin: Moreiras

  • Circular

  • 27 km

  • Desnivel: 914 m.

  • Dificultade: Alta

  • Tempo estimado: 7 horas

Este percorrido sorprende polas suas espectaculares vistas sobre o río Miño, así como pola riqueza arquitectónica do concello de Toén.

Máis información

Mapa

Enlaces

Descripción

Iniciando o roteiro en Moreiras, a senda percorre os seus primeiros tramos polo núcleo urbano que conta con construcións ben conservadas e de boa factura, como a súa praza e fonte de 1895, a Casa do Patín ou a barroca fachada da igrexa de San Pedro.

O longo trazado deste carreiro transcorre principalmente por pistas amplas, salvo os camiños antigos entre aldeas ou as sendas  tortuosas do bosque de Coto Louredo. Durante a senda, alternaremos zonas de matogueira con outras de bosque denso, con sobreiras, castiñeiros, madroños, carballos e acivros.

En Coto Louredo poderemos gozar das vistas sobre o val do río Miño, en concreto desde o miradoiro natural e a cova de Cima da Granxa ou desde Penedo Fendido. En Mugares, a senda pasa xunto á ermida das Angustias, así como xunto á igrexa de Santa María e a súa blasonada reitoral.

O roteiro visita tamén os núcleos de Toén, Trellerma e Trelle con casas antigas e edificios relixiosos dignos de ser visitados. Existen dúas variantes ben indicadas que permiten acurtar o roteiro.

Galería de Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate