Contacto
O seu territorio inscríbese na penillanura que desde o cordal montañoso da Serra do Faro e Montes do Testeiro descende até a conca do Miño, situada ao suroeste. Entre ambas as serras discorre o curso do río Lavandeira que, seguindo a dirección predominante do relevo, diríxese cara ao Miño. A superficie forestal ocupa o 62% do territorio, predominando o piñeiro e o bosque de carballo, castaña, alisos, entre os que se intercala a matogueira de toxo carquesa e brezo. Pola súa situación xeográfica o clima é oceánico pero con matices de transición entre o dominio continental e o mediterráneo.
O máis destacado é o recinto fortificado da Cidade de San Cibrao de Las, pola información achegada sobre o seu sistema defensivo e porque estivo habitado durante moito tempo, entre o século II antes de Cristo e o II despois de Cristo.