Parroquia creada en 1958. Igrexa actual, dunha soa nave, de estilo funcional, propio dun edificio do século XX. Ten unha torre cadrada. No seu interior destacan as imaxes dun Crucificado e dun San Xosé, obra do escultor Aldrei. Interesante tabernaculo con esmaltes.