SERRA DO CANDÁN

A serra do Candán esténdese polos concellos de Boborás, O Irixo e Beariz, en Ourense e Lalín e Silleda en Pontevedra. A maioría das rochas da serra están formadas por granito e xisto.

Os principais cumios son o Alto de San Bieito, O Coco, Seixiños Brancos, Chamor e Alto de San Sebastián. A serra do Candán está incluída na Rede Natura 2000 debido á riqueza do seu ecosistema que varía desde bosques de galería e fragas nas zonas de menor altitude e nas beiras dos ríos ata a matogueira de toxos, carquesa, calluna e vasoira negra.

Recursos

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate