Contacto
O concello de Toén está situado ao Noroeste da Península, a 7,5 km de Ourense, capital da provincia. Limita ao norte co concello de Ourense, ao sur co concello de Cartelle, ao leste co concello de Barbadás e ao oeste co concello de Castrelo de Miño e Cenlle.
O concello de Toén está formado por 41 núcleos de poboación agrupados en oito parroquias: Toén, Mugares, Alongos, Moreiras, Xestosa, Trelle, Feá e Puga. Historia Xacementos Arqueolóxicos: A Piteira e O Loureiro (Moreiras) correspondentes ao Paleolítico. Castros: Castro de Trelle: Situado nunha latitude próxima aos seiscentos metros, na parroquia de Trelle e dende ela divisan os vales do Miño e do Arnoia. Trátase dun castro con dous recintos, que se presentan en forma de dúas terrazas ovaladas, superpostas e concéntricas rodeadas polos seus respectivos terrapléns. Non hai outros restos arqueolóxicos nel. Castro de Louredo: Situado entre as parroquias de Mugares e Alongos (Freixendo), no mesmo límite co concello de Barbadás, e situado no mesmo monte que Louredo.
Nestas terras houbo asentamentos dende tempos remotos, como indica o descubrimento de numerosas ferramentas pétreas do Paleolítico e do Neolítico. Posteriormente foi un asentamento estratéxico na época castrexa, quizais formando parte doutros que controlaban o curso do Miño, na zona descubriuse abundante cerámica decorada indíxena e romana.