TORRE DO RELOXO

O 17 de agosto de 1941, fíxose realidade o soño duns visionarios arnoienses que residían no Uruguai.

No Val de San Vicente, hai unha torre de pedra de máis de catorce metros de altura, na zona de Capela de San Roque realizada polo canteiro D. Manuel García Vermello coñecido como Manuel de Trinidá (de Remuiño).

Alá por 1929, un grupo de soñadores emigrados comeza a idear algunha axuda, para os que quedaron en Arnoia. Ocórreselles así a feliz idea dun reloxo público, situado no Turreiro, que servirá para regular as horas de rega e así evitar as discusións pola hora que lle correspondía a cada campesiño para regar.

Pasaron longos anos, ata que en 1941 o Pleno do Concello de Arnoia, reunido sendo Alcalde Don Delfín Moure Lorenzo. Don Nabor Vázquez Cao segundo tenente de alcalde, Don Avelino Vermello Martínez, xestores da corporación e a comisión veciñal composta por Don Emilio Cid Nóvoa (párroco), presidente Don Evencio Álvarez Bangueses, Don Juan Reibelo Martinez, Don Lorenzo Vázquez Rodríguez, Don Arturo Rono Miguez, Don Andrés Cartelle Deaño, Don José Bangueses Santamaría, Don Celso Martínez Ledo, vocais, que representan ao Centro Arnoya de Montevideo fixeron realidade o soño.

A representación nesta localidade do «Centro Arnoia de Montevideo» fixo entrega nese acto do día 17 de agosto de 1945 do Reloxo Público da Torre desta Corporación (como consta no arquivo da secretaría do Concello).

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate