Ruta dos Grandes Mosteiros

Os amantes do patrimonio, da historia e da arquitectura teñen moitos e grandes motivos para visitar o xeodestino O Ribeiro-O Carballiño. Un dos motivos máis interesantes é descubrir os tres grandes mosteiros cistercienses: Oseira, San Clodio e Melón. Podemos dicir que todos os camiños da historia das comarcas do Ribeiro e O Carballiño pasan por este tres grandes mosteiros.

Separados por apenas 50 kms permítennos propor unha ruta que atravesa o Xeodestino de Norte a Sur para pasar unha xornada ou alongalo a unha fin de semana visitando con máis calma os monumentos e gozando do resto de experiencias como sendeirismo, enoturismo, termalismo e gastronomía

A RUTA

Unha auténtica ruta de slow driving por estradas secundarias entre bosques e viñedos

Unha auténtica ruta de slow driving por estradas secundarias entre bosques e viñedos onde os mosteiros aparecen cun garantido WOW. Sorpresa ao atopar un edificio de proporcións maiúsculas nun lugar rural e illado. Sorpresa ao entrar no claustro renacentista de San Clodio. Sorpresa explorando ruínas medievais onde é fácil imaxinar miles de historias e sentir que estamos no escenario dunha película ou serie.

A ruta segue unha dirección norte-sur comezando no Mosteiro de Oseira e terminando no Mosteiro de Melón. O mosteiro de San Clodio é unha parada intermedia que pode converterse en final se decidimos pasar a noite no hotel. 

Mosteiro de Oseira

Visitar o Monasteiro de Oseira é unha experiencia única que nos traslada a outra época. Un mosteiro activo que acolle a unha comunidade de monxes cistercienses que recuperaron o edificio da ruína. Nada mellor que coñecer os seus segredos realizando unha visita guiada por un dos monxes visitando os seus claustros, a igrexa, a sala capitular de columnas retortas, o refectorio ou a botica. Tamén podemos sentir o ambiente de peregrinación pois conta cun albergue que acolle a peregrinos que realizan unha variante da Vía da Prata ou Camiño Mozárabe.

Como recordo material, tendo en conta que a pegada emocional será indeleble, podemos pasar pola tenda e levarnos unha mostra do famoso licor de eucalipto elaborado polos propios monxes.

Unha vez realizada a visita podemos celebrar unha boa comida nalgún dos restaurantes da contorna do mosteiro e dar un paseo pola área recreativa do río Oseira.

Paradas Obrigadas

Para completar a experiencia é necesario realizar dúas visitas obrigatorias. En primeiro lugar un  forno de pan na localidade próxima de Cea para coñecer e degustar un dos mellores pans do mundo. Garantimos que está moi rico pero unha vez que descubras o laborioso proceso de elaboración e os seus fornos circulares de pedra o sabor alcanza unha nova dimensión. 

A segunda parada realizámola no Carballiño onde se elabora un dos pratos estrela da gastronomía de Galicia: o polbo á feira. Se a visita é un día de feira atoparás a decenas de pulpeiras cos seus caldeiros fumarentos servindo polbo nos típicos pratos de madeira aderezados con aceite e pemento. No Carballiño atoparás unha animada actividade comercial e unha abundante oferta gastronómica para completar ao polbo.

Mosteiro de San Clodio

Desde O Carballiño tomamos a OU-504 ou eixo do Ribeiro e en apenas 10 quilómetros chegaremos ao Mosteiro de San Clodio. Convertido en hotel de 4 estrelas podemos entrar e visitar os seus dous espectaculares claustros, a igrexa e os xardíns. Un lugar onde o tempo parece deterse, un remanso de paz onde repasar a historia de arte desde o románico ao barroco pasando polo renacemento. Tamén atopamos o primeiro spa de Galicia que ofrece tratamentos con vinoterapia. Toda unha experiencia sensorial e de relax para descansar da contemplación de tanta arte e beleza.  

Paradas Obrigadas

Na aldea de San Clodio temos varias opcións de aloxamento e de restauración, así como no próximo Leiro. Cabeceira municipal onde podemos pasear ás beiras do río Avia antes de partir en dirección á capital da comarca, Ribadavia.

En Ribadavia atoparemos unha das vilas medievais mellor conservadas de Galicia onde destaca o Castelo dos Sarmientos e o barrio xudeu. É outra parada obrigada que podemos aproveitar para degustar os viños do Ribeiro ou comer nalgún dos seus restaurantes. Desde aquí retomamos a ruta para acudir ao encontro co terceiro e último gran mosteiro da ruta.

Mosteiro de Melón

No mosteiro de Melón a visita realízase en dous planos.

Un é o de contemplación das ruínas e o percorrido polas estancias e espazos construídos e recoñecibles como a igrexa, os claustros, salas, escaleiras, corredores e o gran pombal.

O outro é pondo a voar a imaxinación para reconstruír o lugar recreando o esplendor do pasado recuperando historias medievais coñecidas a través da literatura, o cinema e a televisión. Un lugar menos coñecido que o converte aínda en máis máxico. 

Paradas Obrigadas

Non se nos ocorre mellor plan que terminar a xornada en remollo nas augas do río Cerves que nos ofrece varias posibilidades igual de atractivas. Se a visita a realizamos no verán podemos darnos un mergullo nas próximas pozas de melón. Un lugar onde a forza da auga escavou varias piscinas naturais onde podemos desconectar contemplando fermosas cataratas e saltos de auga.

No inverno recomendamos achegarnos ata a localidade próxima de Prexigueiro e descubrir as termas de estilo xaponés.

Esta é a ruta dos Grandes Mosteiros do Ribeiro- O Carballiño. Achégate en parella, en familia ou en grupo de amigos e goza dun dos mellores plans que se poden realizar en Galicia.

Notas Prácticas e Curiosidades

Como Chegar

Se iniciamos a ruta no Mosteiro de Oseira podemos chegar a través da AP-53 tomando a Saída 65 de Piñor. Esta indicación é válida tanto se partimos de Ourense ou Vigo como de Santiago de Compostela. Dende Lugo transitamos pola 540 ata Chantada onde tomamos o desvío na Barrela-Cea-Oseira.

Se realizamos a ruta á inversa tomaremos a saída 262 da Autovía A-52 que nos deixa nas proximidades do Mosteiro de Melón.

Sabías que…

No Mosteiro de Oseira atopamos a orixe dos pulpeiros e pulpeiras que dan fama ao Polbo do Carballiño. 

É no mosteiro de San Clodio onde os monxes do cister se converteron nos principais propulsores da expansión do cultivo do viñedo na comarca do Ribeiro.

O Mosteiro de Melón é o que correu peor sorte. Tras a desamortización e abandono foi vendido “ao peso” pagándose unha peseta por cada carro de pedra extraído do mesmo. 

Mellor época do ano para realizar a ruta

O noso xeodestino é un lugar que se pode visitar durante todo o ano, pero para realizar a ruta dos grandes mosteiros recomendamos evitar o inverno. Se realizamos a visita nos meses máis fríos é posible que atopemos o Mosteiro de San Clodio pechado debido á estacionalidade da apertura do hotel.

Máis Información

Consulta os horarios de visita do mosteiro de Oseira na web. Ten en conta que presentan variacións entre inverno e verán así como domingo e festivos cando se adaptan á celebración da misa monástica.  

O Hotel Monumento de San Clodio pecha as súas portas no inverno de modo que non é posible realizar a visita. Podes consultar os horarios de apertura ao público na web .

 

Os Grandes Mosteiros

Queres saber máis? Contáctanos

Contacta
Monasterio de Melón

Proin facilisis varius nunc. Curabitur eros risus, ultrices et dui ut, luctus accumsan nibh.

Monasterio de San Clodio

Proin facilisis varius nunc. Curabitur eros risus, ultrices et dui ut, luctus accumsan nibh.

Monasterio de Oseira

Proin facilisis varius nunc. Curabitur eros risus, ultrices et dui ut, luctus accumsan nibh.

  • MONASTERIO DE MELÓN

    Lorem Ipsum is simply dummy text of the printing and typesetting industry. Lorem Ipsum has been the industrys standard dummy text ever since the 1500s.

  • MONASTERIO DE SAN CLODIO

    Lorem Ipsum is simply dummy text of the printing and typesetting industry. Lorem Ipsum has been the industrys standard dummy text ever since the 1500s.

  • MONASTERIO DE OSEIRA

    Lorem Ipsum is simply dummy text of the printing and typesetting industry. Lorem Ipsum has been the industrys standard dummy text ever since the 1500s.

  • MONASTERIO DE MELÓN

    Lorem Ipsum is simply dummy text of the printing and typesetting industry. Lorem Ipsum has been the industrys standard dummy text ever since the 1500s.

  • MONASTERIO DE SAN CLODIO

    Lorem Ipsum is simply dummy text of the printing and typesetting industry. Lorem Ipsum has been the industrys standard dummy text ever since the 1500s.

  • MONASTERIO DE OSEIRA

    Lorem Ipsum is simply dummy text of the printing and typesetting industry. Lorem Ipsum has been the industrys standard dummy text ever since the 1500s.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate