Sendeirismo

Rutas polo país dos ríos

O xeodestino do Ribeiro Carballiño é un lugar privilexiado pola historia. Nela podemos gozar do seu impresionante legado cultural e artístico.

Un territorio que podemos percorrer polos seus sendeiros mentres coñecemos a súa paisaxe ancestral conformada por séculos de actividade.

Descubra, a un ritmo diferente, miradoiros, fervenzas e piscinas na rede de sendeiros polo país dos ríos.

Descubre O Ribeiro Carballiño.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate