MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE MELÓN

O mosteiro de Melón foi fundado en 1142 pola orde do císter grazas á doazón de Alfonso VII dun gran coto formado polas poboacións veciñas. Os monxes proviñan de Clairvaux (Francia).(Segundo outro estudo o coto puido ser doado pola condesa Dona Fruela Fernández en 1158). Nos anos seguintes foron aumentado máis aínda o seu territorio chegando mesmo a Ribadavia. Isto fixo que o seu poder fixésese máis forte logrando exercer unha gran presión sobre a poboación local, abusando e cribándoa a impostos. Así foi até case o século XV que foi perdendo o seu poder sendo relegado polos grandes señores feudais que se estableceron nesta época.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate