A igrexa parroquial de Longos é o centro deste conxunto, como tamén o foi outrora do antigo priorado do mosteiro de Oseira. Trátase dun exemplo do típico barroco rural do século XVIII, época onde numerosos templos foron refeitos ou construídos novamente debido á bonanza económica destas zonas do Ribeiro que proporcionaba o puxante comercio de viño.