PARQUE MUNICIPAL DO CARBALLIÑO

No Parque Municipal conxúganse armoniosamente descanso, tranquilidade, salubridade e beleza natural. Bordeando a marxe esquerda do río Arenteiro, as súas 32 hectáreas de arboledo, prazas, avenidas e camiños esténdense, ao longo, desde o Gran Balneario á Piscifactoría, e ao ancho, desde o río á zona residencial. As súas orixes remóntanse ao ano 1928, cando o Concello decide municipalizar o que até entón era monte comunal da veciña parroquia de Mesego para transformalo en zona de recreo. O Parque foi ideado polo arquitecto de Ourense Conde Fidalgo, que deseñou os planos segundo os que se configurou inicialmente. O Parque é o marco no que se celebra cada segundo domingo de agosto a Festa do Polbo, a romaría por excelencia do Carballiño, unha das manifestacións gastronómicas máis populares e renombradas de Galicia.

Fotos

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate