As feiras mensuais dos distintos concellos deste xeodestino son unha tradición arraigada que segue atraendo á poboación na actualidade. Os surtidos do máis saboroso do rural galego como os queixos e os produtos cárnicos caseiros son protagonistas, ademais do mercado téxtil.
Non se pode visitar estas feiras sen gozar dun bo prato de pulpo á feira para degustar en compañía de amigos ou familiares.
Está claro que o pulpo á feira é un dos pratos da carta de innumerables restaurantes galegos, xa que forma parte da gastronomía autóctona desta comunidade. Pero non todo o mundo segue o proceso artesanal de elaboración deste manxar, na súa pota especial, exclusivamente para a elaboración deste prato. Moi poucos restaurantes dispoñen de espazo propio para a elaboración deste prato, pero os que o fan, engaden un valor especial a este produto e a este prato.
Descubre os auténticos restaurantes-pulperías do xeodestino!