FESTA DO VIÑO NOVO DE CABANELAS

DESCRICIÓN

Cabanelas, localidade do Carballiño (Ourense), é unha das zonas con máis tradición vinícola. Por iso, caen algunhas festas que renden homenaxe ao “viño novo” e nas que se presenta e cátase este novo caldo, xa fermentado, despois das recentes vendimas.

Veciños e veciñas de Cabanelas organizan a Festa do Viño Novo, e na que se prevé servir ao redor de 500 litros de tinto elaborado nesta contorna da Denominación de Orixe Ribeiro.

Os actos festivos coa tirada de bombas de palenque anunciando o comezo da xornada. Posteriormente terá lugar a apertura das adegas para a cata e venda de viño novo da zona. Cabanelas é un referente de produción vitícola do Concello do Carballiño, que chega este ano á súa edición número quince.

O Xeodestino

Terras de auga, de viño, de pedra…de arte. As terras do Avia, dende o Ribeiro ata as montañas, esas que dan vida aos ríos Avia e Arenteiro son terras que configuraron a historia de unha cultura marcada por aqueles elementos.

Aviso Legal
Conéctate